Cada vez máis cómplices.
Good morning, Vietnam!!
Hoxe é un día triste.
Hoxe Galiza perdéu as eleccións. Non porque gañase o PP con maioría absoluta, senón porque a liberdade dos suxeitos pra iren a votar, estivo limitada por varios flancos: a saber de leis electoráis coma a lei D’Hondt (impide que o noso voto se traduza en representación, infrinxindo así os principios democráticos), ou a saber da escasa información disponíbel ó votante. Por suposto o teu voto non vale nadiña, porque o sistema ocúpase de que só poidas elixir entre 3 opcións principais, que son ultradereita nacionalista española ultracaciquil e case fascista, nacionalismo servilista coas empresas, e falso socialismo, máis servil se cabe, con un abanico de intereses empresariáis máis amplo quizá. A maioría da xente non o verá por que están adoctrinados polos medios de comunicación, pois ós empresarios e banqueiros que posúen os principais grupos de medios de comunicación (PRISA, Grupo Planeta, ZETA, MediaPro, Grupo VOZ, etc) interésalles falar só das 3 opcións devanditas. Interésalles dar unha “información” que “forma” ó consumidor pra aceptar esas predeterminadas opcións. Non é conspiranoia, é un feito, posto que o banco Santander controla SER e Cuatro, ou o BBVA controla OndaCero e Antena 3. E só por exemplificar con bancos.
[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=RnWj9uCH_pY]
Neste vídeo pódese apreciar que, no caso da consciencia colectiva, ésta perdéuse no mesmo momento no cal se perdéu a libre información, ó se converter ésta derradeira nunha mercadoría dos poderosos, mediante a cal conseguen manternos a nós, os votantes consentidores, a nós, os borregos, no redil.
Foi un triste día pra Galiza non por cambiar de dirección, senón porque a xente ía sen rumbo a votar.As eleccións convertéronse un ano máis, nun festín no que o poder establecido, veña de man dun partido ou de outro, proporcionaba ó cidadán o medio pra que éste consentise, permitise, e lexitimase legalmente as accións da oligarquía. A participación subíu, ben, pero con ela tamén subíu o número de persoas, que decidiron deixar de representarse a sí mesmas pra seren representadas por terceiros, por non falar dos que gañaron finalmente. Dende o punto de vista máis básico de todos, trátase dun pacto co demo. “Nós podemos despreocuparnos, que eles xa mandan.” (Jajajaja)
A xente xa está demasiado durmida como pra concebir un cambio? O que se ve nas eleccións non é ós pobos decidindo, é ó pobo lobotomizado, actuando como unha marioneta ó servizo dos grandes intereses económicos de sempre. Se eres de esquerdas votas PSOE e se eres de dereitas votas PP, e se eres nacionalista, votas BNG. Se cres que o que governa o fixo mal, votas á oposición, e se crées que o fixeron ben, vótaslle a eles. Señores, así é como funciona unha sociedade demasiado simple, véxase a sociedade das formigas.
A lei comenta que haber liberdade haina; se non queres ningunha das 3 opcións, podes votar a outro partido, por exemplo Esquerda Unida. Qué é o que pasa? Pásache de todo, meu: coa actual ley electoral, Esquerda Unida nunca sacaría representación, porque os seus votantes están demasiado diseminados como pra significar un porcentaxe significante nunha mesma circunscripción electoral, como é requerido pra sacar ó menos un escano. Isto, nos din, é bó, porque é un sistema de control.
…
…
Ninguén se pregunta dúas veces porqué é bó un sistema de control? Mellor pra o sistema. Alguén se o está a preguntar? Hummm, O sistema ocuparáse de empregar os medios de comunicación, ben pra difamar a alternativa, ben pra menospreciá-la, ben pra alterar o consciente colectivo desfavorablemente con respecto ó que pensóu na alternativa. Cando te das de conta de que o sistema movéu ficha, xa gañóu a partida, e xa non vale o de “tiro porque me toca” porque non che ha volver tocar. A menos que…
A menos que alguén se erga e berre “XA BASTA”, a menos que os que queremos o mesmo, deixemos as nosas posibles diferenzas entre nós, para apoiar ese berro, para deixar de se-los cómplices dos governos que nos rouban, que nos estoupan, e que, por encima de todo, mantéñennos nesta situación. É INTOLERÁBEL. A conquista da nosa liberdade farémola non só dende as eleccións, senón tamén nas rúas, comezando a casa polos pilares, expandíndo o noso movemento comezando polos municipios coma se fixo no 36. E o primeiro obxectivo primordial inimigo a derribar, é a restricción proporcionada pola lei D’Hondt. Co noso permiso, non han enviar máis irmáns á guerra, non han roubar máis ó traballador, non han continuar creando diferenzas entre os máis ricos e poderosos e os máis pobres e febles, e non han seguir propagando este orde mundial antisolidario e noxento no noso nome. NON NO NOSO NOME.
Amse.
Posts similares:










En primer lugar, el Partido Popular es un partido de Centro-Liberal, que nada tiene que ver con tu descripción.
En segundo lugar la ley D’Hont es una ley justa y necesaria para un desenvolvimiento fluido y fiable de la democracia.
Y un individuo Gallegista como tu debería estar contento, de que os alejen de los órganos de Gobierno, ya que los nacionalistas no sois más que radicales corruptos vendiendo cualquiera de vuestras “bonitas ideas” por doquier.
No primeiro lugar, pídolle educación: este post está escrito en galego e dirixido ós galegos, de modo que por favor, por cuestións de educación, pidolle que se digne a contestar no mesmo idioma, así coma tamén llo pediría se o post fose en castelán.
No segundo lugar: o PP é un partido caciquil, que ten ó seu fronte na Galiza a un persoaxe que foi “botado” do seu posto nunha empresa por impompetente, e que agora vainos governar. O PP é un partido onde se meteron todos os adictos ó rexime franquista, como Fraga, que foi ministro de Franco, e que tamén nos gvernóu. O PP é un partido que contén a outros partidos de corte fascista declarado polos seus membros coma Forza Nova, e tamén residen no PP numerosos membros da Falage. Por outra banda o PP sempre defendéu os intereses da banca, e das empresas fortes. Cando governaron España, o seu líder privatizóu medio país, e agora en Madrid Esperanza Aguirre quere facer o mesmo con temas tan delicados coma a sanidade. Así que pídolle que non negue a evidencia, porque vostede só quedará en ridículo, coma calquer mentireiro.
En terceiro lugar: A lei D’Hondt non é xusta. Explíqueme vostede por qué o meu voto non vale o mesmo dependendo a qué forza vote e en qué provincia. Explíqueme vostede porqué cando IU saca máis votos que CiU nas eleccións parlamentarias españolas non ten a mesma representación en escanos. Repítolle que nega-la evidencia só lle deixa en ridículo a vostede, e destroza a imaxe dos que pensan coma vostede.
E derradeiro: Eu non son un individuo nacionalista, non sei cantas veces me hei fartar de dici-lo neste blog. No meu artigo métome co nacionalismo e co bipartito, non só co PP. A ver se aprende vostede a ler mellor. Suxírolle que repita a lectura do meu artigo. Por outra banda os nacionalistas non son radicáis corruptos. Está vostede facendo a perigosa xuntanza no mesmo saco de tódalas opinións nacionalistas, sexan do tipo que sexan ou do país que sexan. Suxírolle que lea sobre o federalismo e sobre o rexionalismo, pra comezar. Con insultos da calaña dos que me comenta vostede, está bastante clara a súa ideoloxía e os seus intereses, así que o único que fixo vostede aquí foi facer quedar mal ós da súa mesma opinión.
Suxírolle que pida a demisión inmediata dos cargos do PP de tódalas comunidades, por que é o mellor que pode facer pra acabar con iso que vostede entende por nacionalismo e por corruptibilidade.
Moitas gracias por lerme, aínda que o fixese peor ca un cego.
En todo caso habré quedado en ridículo solo contigo, ya que eres la única persona que lee este blog habitualmente, y la única con el suficiente tiempo libre como para mirar los comentarios.
Este blog está cargado de ideas nacionalistas por todas partes, y de prepotencia , creando entradas como “Baluarte de la lírica gallega en internet” , lo cual has conseguido gracias a cargar todas tus entradas de tags inútiles y que no hacen más que confundir a cualquier usuario que esté buscando cualquier cosa relacionada con esos tags.
Y por último, decir que el PP aloja partidos de extrema-derecha en sus filas, es tan cierto como decir que el Bloque Nacionalista Galegos, aloja a terroristas en las suyas.
Un saludo.
Como xa sabes gracias a un widget que está ó comezo do blog, na columna da dereita, está claro que non só eu leo isto, senón que o fan 40 persoas ó día. (detecto un posible sentimento de envexa pola túa parte? rasca, rasca xDD) jajajaj Qué curioso, pois pra se-lo teu segundo comentario, ti tamén pareces ler isto con frecuencia.
Suxíroche que deixes de atacarme persoalmente, porque con iso non fas máis que rebaixarte a ti mesmo. O meu tempo libre non é da túa incumbencia. Métete onde te estén a chamar. É un gran consello, agardo que o recibas ben e o apliques de igual xeito.
Por outra banda, O blog non está cargado de ideas nacionalistas. Prégoche que non esparzas máis metiras no meu blog. Rétoche a que tomes unha soa destas ideas as que chamas “nacionalistas” e a expongas aquí, diante miña.
De veras, cada vez que me comentas no blog, penso máis que és o típico caso de intolerante, que non concibe máis forma de pensar ca a súa.
Onde está a prepotencia? Eu o único prepotente que vexo, é un comentarista co que semellan ser grandes problemas pra aceptar unha ou outra ideoloxía, e pra entendelas moito máis. Tags inútlies? Tódolos tags están ben postos, e todos teñen que ver co artigo que os leva. Unha vez máis, dígolle que deixe de mentir. Se eu decido titular de baluarte ó meu blog, é porque é un gran blog recoñecido por moitas persoas físicas ou non ó longo da rede, como por exemplo GOOGLE. E en todo caso, cómo decida eu titular ó meu blog é cosa miña. Se te amola, lárgaste, e deixas de amolar no meu blog, que pra non lerse por ninguén máis ca eu, pareces ter moita fixación con él, polo menos a suficiente como pra saber que teño un post chamado “Movidillas: baluarte da lírica galega en internet” e a suficiente como pra comentar o mesmo artigo varias veces. Por favor, non caias máis no ridículo. E a ver se aprendemos educación, porque coido que é a segunda vez que che pido cousas de educación ELEMENTAL coma non mentir, non amolar, e responder na lingua na que che falan (ou non sabes galego?), e non atacarme persoalmente. Espero que sexa a derradeira vez que o faga.
Saludos.
PD: O de que non volvas a facer o ridículo ía en serio, porque se che ve moito o plumeiro, meu. ;) E por certo, non estabas tan atarefado? Convídoche a que invirtas mellor o teu tempo pasando de mín e do meu blog… o último que eu quixera, sería que perdeses máis o tempo.