Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Caricaturización de Ramón Piñeiro.

Caricaturización de Ramón Piñeiro.

Por algunha razón que descoñezo, a miña lembranza de Piñeiro non é leda. Seguramente porque me houbera gustado ser como el me vía; mais iso foi imposible.

Inda que con certa aprensión, podo polo tanto aceptar a inclusión aquí duns poucos textos para min lisonxeiros; porque foron máis afectuosos que premonitorios, porque -como é evidente- endexamais puiden xustificalos e porque, despois de todo, forman parte máis da natureza de Piñeiro que da miña condición. Eles son a evidencia mesma da súa persuasiva insistencia e da entidade esencial e abrumadoramente galega que xustifica esta publicación.

Nunca souben moi ben que facer con todo esto e aínda agora, xa tan serodiamente, o confío todo á protección derradeira dun prólogo de Fdez. del Riego e a Galaxia, a Casa Nai.

Seica, coa faterna de tantas ausencias -agora que Ramón, Pimentel, Novoneyra, Fole, Celestino, Magariños, Saco, Grandío, Pousa, Martínez de Andrade, (agora Manuel María) e tantos outros faltan-, sinto que algo se me está ficando xa definitivamente no tinteiro. Ó revés que os orfos, ¡inexplicablemente!, os irmáns dos finados non temos nome.”

FERNANDO ANDRADE
(o “Mozo galego”)

Estas palabras son de Fernando Andrade, o persoaxe receptor das “Cartas a un mozo galego”, do galego Ramón Piñeiro, escritor ó que se lle adican este ano os actos do Día das Letras Galegas, e un dos fundadores da famosa e imprescindíbel Editorial Galaxia. Todo un luceiro do galeguismo na etapa oscura do franquismo.

Como eu atópome lonxe lonxe da terra nai, hei ser especialmente breve. Con motivo da data da miña lingua, compuxen este poema, que, agardo que abranga tódolos sentimentos que a lectura de Piñeiro me profesa, e, ó mesmo tempo, tódolos sentimentos que me enchen nestas datas.

Importados e afastados de lonxanas terras,

achéganseme os sabores dos regatos e serras

que cebaron ós chanchiños; hoxe ándanme a nutrir.


Invasoras e vívidas dende a memoria,

embístenme as lembranzas que escupíu a historia.

Lembranzas da boa terra: hoxe ándanme a nutrir.


Ondas do atlante mar,

qué son senón o vaivén das persoas?

Montes e picos pardos,

qué sodes senón a paz que envolve ó fogar?

Fondas fragas e verdes bosques,

qué fan senón comer da terra??


Coas cuestións no pensamento

pero sen dúbidas nin males:

Con amor a miña Galiza única.

Con morriña dende Bos Aires.

Amse.

PD: Alguén déuse de conta do parecido que gardan Alberto Núñez Feijó0 (presidente galego electo no 2009) con Ramón Piñeiro (homenaxeado nas letras galegas do 2009) ?¿?¿?¿

Ramberto Piñez Feijeiro

Ramberto Piñez Feijeiro

 Con amor a Galiza, con morriña dende Bos Aires.

Comparte este post!
  • Twitter
  • Facebook
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • Tumblr
  • Wikio
  • Identi.ca
  • del.icio.us
  • Ping.fm
  • email
  • PDF
  • RSS
  • Add to favorites

Posts similares:

  1. De morriña e de saudade vai o pao.
  2. Poema nº 96
  3. Declaración conxunta da comunidade cultural Blogues pola lingua:
  4. Cada vez máis cómplices.
  5. DEITADO FRENTE Ó MAR…

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Sin comentarios para “Con amor a Galiza, con morriña dende Bos Aires.”

  1. Vote -1 Vote +1jandrostark
    says:

    Galaxia ahora pertenece a Alfaguara Mondadori.. ergo xDD a Berlusconi, hay que joderse con Jalisia

  2. +1 Vote -1 Vote +1Amse
    says:

    Sí, meu: presidentes nefastos (sen excepcións), bosques quemados, montes esnaquizados, petroleiros “descargando” nas praias cada tantos anos, pijos por todas partes… Hai que se joder coa Jalisiña. xDDD

    Graciñas polo dato de Galaxia, por certo!

    Alédame saber dalguén de por aló ;)

  3. Información Bitacoras.com…

    Esta anotación ha sido propuesta por un usuario para ser votada en Bitacoras.com.
    Para que el proceso finalice, deberás registrar tu blog en el servicio….

¿Qué opinas de este post?

Puedes usar estos tags para personalizar el texto: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>