Decretazo, mentiras, e tendenciosidade contra o galego.
As críticas ó decretazo en contra do galego non paran de afogar nin os medios, nin de seguro os correos da Xunta de Galicia. Un órgano da Unión Europea xa denunciou ó goberno de Galicia por maltratar ó galego, cando o seu deber é protexer a lingua xa que é minoritaria. Pero como dixen noutro post, ós caciques que nos gobernan e rouban cartos, lles importa tres carallos o que lles digan. Mentres tanto, o sector que se di “galeguista” do PP, están montando unha trapallada coma un castelo pra arrapañar co voto indeciso do rural ourensán, que pesa moito, e así asegurar ó Baltar na deputación e na loita interna do PP galego… Está moi ben o de dicirse galeguista nestes tempos, pero tampouco están protestando como sería debio se tanto lles preocupase a lingua galega. Por outra banda, nese partido non sei qué fan se tan galeguistas son… mimá. Quen os vira cando gobernaba Fraga, e eran do mesmo partido!
Choven críticas por todas partes.
A Axencia Europea para as Linguas Minoritarias -European Bureau for Lesser-Ussed Lenguages (Eblul)- dirixiuse á Xunta de Galicia para pedirlle “que poña fin ás iniciativas que tomou en contra do idioma galego”. No Eblul, órgano consultivo do Parlamento europeo, do Consello de Europa e de Nacións Unidas, consideran “de especial gravidade” que o Goberno galego non estea a ter en conta o último ditame do Comité de Expertos do Consello, emitido a finais do 2008 e no que se dá conta da situación da lingua galega, e se ve claramente como esta lingua atópase en receso, nunha situación de perda de falantes, cunha mocidade galega da que o 20 % non sabe falar propiamente o idioma. Pero á Xunta de Feijóo fixo coma se non pasase nada e afirmaron que o castelán se estaría perdendo de no ser grazas a eles, e que o galego o estaba a impor o anterior executivo.
A Mesa pola Normalización Lingüística tamén se pronunciou en contra do decretazo, transmitindo as súas queixas fomalmente á institutción e maila UE. Catedráticos e xuíces tamén toman partido en contra deste decreto anti-cultural. Tamén a Real Academia Galega declarou o perxudicial que pode resultar pra as novas xeracións este decreto. As rectorías das 3 universidades galegas declararon así mesmo que de se aprobar este decretazo, os novos estudantes universitarios non terán o nivel requerido pra afontar unha educación universitaria no sistema educativo galego. Ata o fillo do empresario Cuíña posicionóuse a favor da plataforma Queremos Galego, que busca a derogación deste novo decretazo do goberno actual, e máis respeto ó galego, pra que non se perda o idioma.
Así todo e cunha listaxe tan longa de apoios, algún medio (des)informativo da Coruña segue a por artículos a modo de cortina de fume nos tags de búsqueda, tentando de lle restar importancia ó feito de que o goberno está a desouvir a todo o mundo, UE, RAG, Universidades incluidas. A contrapartida na prensa foi un escrito difundido nun diario portugués, O Correio do Minho, onde se pedíu ós portugueses solidariedade co pobo galego e mailo seu idioma propio.
Políticamente, a cousa esá clara: O Goberno non debe continuar esta política perxudicial pra a cultura. Os partidos políticos situáronse TODOS agás o PP, partido gobernante, contra este decretazo. PSOE, BNG, IU, FPG, Nós-UP, PG… todas as forzas políticas do país. Tamén paso o mesmo nos sindicatos, onde TODOS os que teñen presencia en Galicia, que son CCOO, UXT (UGT de Galicia), CIG, STEG, e ANPE, posicionáronse a prol do galego, confirmando a súa presencia na folga do 21 de Xaneiro, convocada por Queremos Galego.
Paradóxicamente, non só o goberno galego non fai caso ningún ó seu propio pobo.
Por iso é importante a folga do 21 de Xaneiro e as demáis que se poidan producir. O idioma atópase en perigo e o goberno está facendo todo o contrario ó que se lle supón a súa función: Representar ó pobo galego. E isto é moito máis claro despois de ver todos estes posicionamentos en contra do decreto e a favor da folga. O que quere o pobo galego non é un decreto que marxina ó seu idioma. O que queremos é galego. Dereito a vivir na nosa cultura.
QUEREMOS GALEGO!
Posts similares:








