Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Más que opinión… ¿O sólo una excusa para despotricar en Internet?

Movidillas.net


A maior listaxe de galegos do Twitter

Posted on January 23, 2010 by Amse
View of the Roman bridge in Ourense that trave...
Image via Wikipedia

Saúde!

Estou facendo unha listaxe de usuarios galegos do Twitter. O meu obxectivo é termos unha listaxe onde se poidan valorar as diferentes opinións dos galegos con acceso a Internet, e publicita-lo noso idioma e a nosa cultura nesta gran rede social que é Twitter. De momento o proxecto está aloxado entre as listaxes da miña conta de usuario (aquí), pero a intención é publicar no futuro un post en conxunto entre varios blogs galegos, procurando darnos autobombo a nós mesmos, e por suposto, promocionar o noso idioma e a nosa cultura. Incluso me estou a plantexar presentar a proposta como acción conxunta na listaxe de correo de Blogues pola Lingua… pero iso xa se verá.

De momento recolectei máis de 200 nomes de usuario, pero como vin que había máis xente da que eu pensaba, decidín deixa-la recolección na man de cada un. ;) Calquera pode formar parte da listaxe e/ou participar na súa elaboración! A continuación determínase cómo:

Pra formar parte da listaxe: Simplemente enviade unha mensaxe expresando o voso desexo á miña conta de Twitter, que é @amsenp. Tamén podedes deixar un comentario neste post ou empregar o formulario de contacto de Movidillas.net, en http://movidillas.net/acerca-de/.

Pra axudar na elaboración da listaxe: Comunícádeme polos métodos anteriormente descritos os nomes das contas de usuario de persoas galegas que coñecedes.

Eu estimo que debe de haber un milleiro de galegos no Twitter, aproximadamente, pero debido a situación de inferioridade da lingua galega, non se recoñece á metade deles a menos que se declaren galegos no perfil, porque non todos os galegos falan o seu idioma nesta rede. Así que tendo iso en conta e que o número de integrantes actual da listaxe sitúase en torno a pouco máis de 200, penso que deberíamos aspirar a un obxectivo primario, como 300, e de conseguirse, aumentalo ata 500. Penso que isto é moi realista e axustado ás condicións da actualidade.

Non hai ningún requisito especial pra ser da listaxe. Só cómpre ser galego nativo en calquera das provincias galegas (Ourense, Lugo, Pontevedra, e A Coruña), ou ben ser descendente de galegos por algún lado da familia. Tamén serán benvidas as persoas que saiban falar galego ou teñan especial interese pola nosa cultura, aínda que non teñan nada que ver. E por suposto, aquel que leve un tempo suficiente vivindo en calquera das provincias galegas como pra formar parte ou gostar a nosa cultura, ten tamén un lar nesta listaxe. Non importan as ideoloxías, o idioma que fale (se fala galego, mellor, pero non por non falalo deixa de ser galego), non importan os credos, cor de pel, idades, ou sexo. Nesta listaxe están incluidos dende os independentistas galegos ata galegos españolistas (por grande que sexa a incongruencia).

Se alguén atópase adherido á listaxe e non quere estar, que mo comunique polos métodos de contacto anteriormente descritos. Tamén deixarán de formar parte da listaxe aqueles que incumplan as normas de uso de Twitter.

Sen máis, deséxovos moita sorte na procura de galeguida no Twitter!

Graciñas por colaborar!

Amse.

Reblog this post [with Zemanta]
Comparte este post:
  • Identi.ca
  • Meneame
  • Twitter
  • Facebook
  • MySpace
  • Tumblr
  • Bitacoras.com
  • Technorati
  • BarraPunto
  • Wikio
  • Netvibes
  • Digg
  • del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Ping.fm
  • Slashdot
  • Reddit
  • Mixx
  • email

Posts similares:

  1. Internet galega. A maior listaxe de recursos en galego na rede.
  2. Declaración conxunta da comunidade cultural Blogues pola lingua:
  3. Decretazo, mentiras, e tendenciosidade contra o galego.
  4. Homenaxe a Castelao en Buenos Aires
  5. Un pau máis polo cú adiante…

2 Trackbacks/Pingbacks

  1. 25 01 10 09:48

    Vote -1 Vote +1uberVU - social comments

  2. 27 01 10 01:23

    Vote -1 Vote +1Internet galega. A maior listaxe de recursos en galego na rede. | Movidillas.net

1 to “A maior listaxe de galegos do Twitter”

  1. +2 Vote -1 Vote +1amsenp
    says:

    A maior listaxe de galegos do Twitter http://movidillas.net/2010/01/23/a-maior... #galego

  2. +2 Vote -1 Vote +1cmacias
    says:

    http://twitter.com/carlosmacias, de y desde Vigo.

    Un saludo

  3. +1 Vote -1 Vote +1amsenp
    says:

    A listaxe de galegos twitteros xa ten a 488 usuarios! http://twitter.com/amsenp/galeguidade + info: http://movidillas.net/2010/01/23/a-maior... #galego



Leave a Reply




↑ Top