Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 Internet galega. A maior listaxe de recursos en galego na rede.
Image via Wikipedia

Saúde!

Ante os continuos ataques ó patrimonio cultural galego que vemos presenciando da man de diversos colectivos, algúns afincados nas institucións administrativas, e á situación de perigo na que se atopa a lingua galega, véxome no deber de publicar esta listaxe de recursos en galego, coido que a maior de Internet, (este proxecto aspiraba a imitar ó grandísimo compendio da Universidade de Vigo, pero coido que iso queda un chisco desactualizado) co desexo de axudar a  fomenta-lo emprego do galego na rede, e axudar a aqueles que desexan facer a súa vida en Internet en galego, como o fan no seu pobo ou na súa casa ou cos seus amigos IRL.

A listaxe componse de numerosos recursos lingüísticos, xornais e páxinas de novas, proxectos de traducción de software, incluso redes sociais e algún sitio de blogging, en galego.

Diccionarios e enciclopedias.

DiGalego | Hoxe por hoxe é o mellor diccionario online en galego, coa singularidade de que se pode incluir o seu código no teu blog ou páxina web, permitindo funcionalidades ó usuario, como a de presentar un significado dunha verba sobre a que se faga dobre clic. Emprega o galego estándar e chega da man da editorial Ir Indo :)

e-Estraviz | O mellor diccionario de galego reintegracionista que existe. É o diccionario oficial da AGAL, que é a Associaçom Galega da Língua, institución que traballa unha das dúas únicas normativas da lingua galega. Moi recomendábel incluso se non escribes empregando esta normativa. De feito alberga léxico do que os outros diccionarios carecen.

Diccionario “Oficial” Este é o diccionario oficial da Real Academia Galega, institución oficial que se encarga da normativa estándar do galego, institución que, por certo, non ofrece un mísero vencello ó seu propio diccionario na súa web e por iso está na da Xunta. (Todo hai que dicilo). Ó diccionario lle falta moitísimo léxico, presente nos outros compendios, pero é o diccionario de galego estándar por definición e é o que se estuda.

DiGaTIC | O único diccionario de termos tecnolóxicos en galego. Bastante completo, e resolve a súas dúbidas… aínda que eu persoalmente teña discrepancias con algúns termos. En teoría é unha web oficial da Xunta, pero a súa linguaxe por defecto é o castelán, malia que a lexislación diga que a Xunta débese de encargar de fomentar o galego.

Galizionario | Un proxecto de diccionario ceibe, creado polos usuarios e baseado en wiki. Actualmente ten máis de 28.690 entradas.

Galipedia | a enciclopedia en galego de contido ceibe, creada polos usuarios e xa con máis de 55.112 artigos enciclopédicos.

Logo, a Universidade de Vigo pon ó servizo do internauta o maior compendio de servizos lingüísticos con diversos fins. Na súa web podemos atopar os seguintes recursos:

– Diccionario Galego – Inglés

- Diccionario Galego – Francés

Outros recursos lingüísticos:

Corrector ortográfico online de galego da Universidade de Vigo: OrtoGal.

Corrector ortográfico “Bemposto”, para versións antigas de Micro$oft Word.

Xornais online, sitios de novas e blogs de interese:

Como está claro que un galego xa non pode esperar de medios como La Voz de Galicia ou o Faro de Vigo unha boa cantidade de artigos en galego, velaquí están algúns medios alternativos máis novos, e máis acordes cos tempos actuais no que ó respeto ó galego atinxe.

Vieiros, xornal online inspirado na revista Vieiros, fundada polos emigrados. Xornal xeralista, exhibe opinións de todas as ideoloxías, dende esquerda a dereita pero sempre cun caracter galeguista marca da casa.

Galicia Confidencial, páxina de blogs galegos que chegou a se converter nun xornal online. Fundamentalmente baséase en artigos de opinión de galegos de diversas ideoloxías, dende a esquerda ata a dereita, pasando por nacionalistas.

Xornal de Galicia, un novo xornal con artigos en castelán e en galego. É bilingüe de verdade, non “bilingüe” galegófobo. Xornal é un medio xeralista que apareceu recentemente.

A Nosa Terra, un histórico xornal de carácter galeguista. Un dos máis antigos da nosa terra, en galego, xeralista, e bastante aliñado co nacionalismo galego.

Código Cero, unha páxina de novas tecnolóxicas en galego que tamén edita o seu propio xornal físico.

Chuza, unha páxina onde os usuarios ruben as súas propias novas, que se poden votar, na liña de Menéame ou Digg.

Blogaliza, unha páxina e comunidade de blogueiros que ten a súa propia plataforma de blogging baseada en WordPress.

Blogues pola lingua, rede de blogueiros en defensa do galego, na cal eu participo

Internet social galega:

Aquí están presentes as redes sociais galegas máis importantes. Dende grupos de discusión, pasando por chats ou servizos de microblogging.

Fillos de Galicia, a maior rede social galega, con especial presencia dos galegos espallados polo mundo. É tamén un dos máis grandes exemplos na rede do que se pode facer con tecnoloxía WordPress.

Latri.ca, o maior servizo de microblogging en galego. Semellante a Twitter. Ademáis emprega tecnoloxía ceibe.

Lareta, outro servizo de microblogging en galego que actualmente non se atopa funcional, pero deixo o vencello por se, como reza ó entrar no dominio, volve a estar furrulando sobre Febreiro.
Cabozo, presentado como o FaceBook galego. O derradeiro que se soubo desta rede foi que fora atacada empregando algún burato de seguridade, e dende entón a páxina non está accesíbel. Igualmente déixovolo por se volta algún día.

Canle de chat ##galego na rede Freenode. A canle de galego onde solventamos dúbidas e colaboramos en diversos proxectos de traducción de software ceibe. Tamén é a canle oficial dalgúns proxectos coma a Enciclopedia Enxebre. Ó chat pódese acceder con calquer programa de IRC ou Internet Relay Chat, sendo o máis coñecido deles o mIRC. Se prefires un programa ceibe, podes empregar o Xchat ou o Chatzilla.  Hai que se conectar ó servidor chat.freenode.net e escribir “/join ##galego”. Se o teu navegador   está debidamente configurado, seguro que podes entrar no chat directamente premendo este vencello: irc://chat.freenode.net/galego

Canle de chat #Galiza na rede IRC-Hispano (O primeiro chat en galego da Internet, e hoxe en día, un dos poucos que nela fican). Ó chat pódese acceder con calquer programa de IRC ou Internet Relay Chat, sendo o máis coñecido deles o mIRC. Se prefires un programa ceibe, podes empregar o Xchat. Hai que se conectar ó servidor irc-hispano.org e escribir “/join #galiza”. Se o teu navegador   está debidamente configurado, seguro que podes entrar no chat directamente premendo este vencello: irc://irc-hispano.org/galiza . Esta é a páxina oficial da canle, aínda que se atopa un chisco desactualizada: http://www.geocities.ws/canlegaliza/ . Tamén houbo outra canle #Galiza aloxada noutra rede, en Undernet, pero actualmente non existe. A súa páxina era esta: http://www0.umoncton.ca/soeler/galiza/galiza_irc.htm

Hai más chats galegos, por exemplo a canle de chat #Galicia, tamén no IRC-Hispano. Dezcoñezo se ten páxina oficial, e a verdade non falan moito galego na canle… está máis dirixido a ser un espazo de contactos. Accédese da mesma forma, trocando #Galiza por #Galicia. Tamén están outras como #Coruña (Unha das máis grandes canles de chat da rede IRC-Hispano), o #Vigo, e o #Valdeorras, a canle de chat da bisbarra de Valdeorras.

A maior listaxe de galegos no Twitter | O proxecto que comecéi fai uns días, que pretende aglomerar ó maior número de galegos en Twitter que sexa posible. A listaxe conta xa con case 300 usuarios, é pública e calquera pode colaborar na súa manufactura!Non se discriminará nin por sexo, raza, credo, ou ideoloxía. Aspírase a facer unha listaxe simplemente de galegos de todo tipo. Se queres colaborar só tes que deixar un comentario neste post ou neste outro, que é o propio do proxecto: http://movidillas.net/2010/01/23/a-maior-listaxe-de-galegos-do-twitter/

Recursos multimedia en galego.

GZVideos, un sitio de streaming de videos similar a Youtube, pero en galego, onde os usuarios poden rubir os seus propios contidos.

Galilibros, un arquivo wiki de libros gratuitos en galego.

Flocos.tv, un espazo de cine online onde podemos ver películas e seriales televisivos en galego. Da man dos rapaces de A Navalla Suíza (Bó traballo! :)

Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, unha rede de espazos radiofónicos ceibes , onde cabe resaltar Radio Piratona e mais Radio FilispiM
Pódense escoitar online, por suposto!
Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña: http://www.bvg.udc.es/

Proxecto documental sobre a lingua galega, creado polos rapaces de A Navalla Suíza. Ten a especialidade de ser un documental sen fin, dado que os usuarios poden ir engadindo contido contínuamente! (Unha vez máis; sodes grandes, rapaces!): eufalo.tv

Proxectos de fomento da lingua e traducción ó galego.

A CiberIrmandade da Fala, unha comunidade de persoas que traballamos a prol do emprego da nosa lingua na rede, coordinándonos en accións conxuntas e outros proxectos.
Blogues pola lingua, rede de blogueiros en defensa do galego, na cal eu participo

g11n, punto de encontro dos participantes nos diversos proxectos de traducción de software ó galego.

Proxecto Trasno, colectivo de traductores de software ceibe ó galego.

Canle de chat ##galego na rede Freenode. A canle de galego onde solventamos dúbidas e colaboramos en diversos proxectos de traducción de software ceibe. Tamén é a canle oficial dalgúns proxectos coma a Enciclopedia Enxebre. Ó chat pódese acceder con calquer programa de IRC ou Internet Relay Chat, sendo o máis coñecido deles o mIRC. Se prefires un programa ceibe, podes empregar o Xchat ou o Chatzilla.  Hai que se conectar ó servidor irc-hispano.org e escribir “/join #galiza”. Se o teu navegador   está debidamente configurado, seguro que podes entrar no chat directamente premendo este vencello: irc://chat.freenode.net/galego

Listaxe de teléfonos móbiles que empregan o galego: http://www.oteumobilengalego.com/software_galego.php

——————————————————

Esta listaxe vai ser actualizada co tempo e coa aparición de novos recursos. Calquer usuario da rede pode contribuir a mellorala. Pra iso só ten que deixar un comentario neste post coa información pertinente ou ben comunicarse coa xente das canles de chat que aparecen no artigo.

Espero que se tedes algo importante o comuniquedes e non fiquedes caladiños!

Graciñas a todos os que colaborades e axudades a manter esta importante listaxe. Tamén ós creadores das páxinas citadas nela, xa que facedes posible a Internet galega.

Atte;

Amse.

Be Sociable, Share!
  • more Internet galega. A maior listaxe de recursos en galego na rede.

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Un comentario para “Internet galega. A maior listaxe de recursos en galego na rede.”

  1. Social comments and analytics for this post…

    This post was mentioned on Twitter by amsenp: En Movidillas.net: Internet galega. A maior listaxe de recursos en galego na rede. http://goo.gl/fb/lSe2

¿Qué opinas de este post?

Puedes usar estos tags para personalizar el texto: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>