Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
192440504 b7c22a5b66 Lóstregos.

Lóstregos.

Lóstregos.
Vomitan choiva e rompen o ar.
Ó longo da rúa,
os homes danse á fuga.

Os lóstregos e a auga
invaden as estancias.
A xente corre desesperada, cara ó refuxio.

Un home no medio do vendaval,
corre, rube, baixa escalas,
pra as volver a baixar e rubir
un pouco máis adiante.
Escapa con dor de treboada
na noite tremebunda.

As gotas chean de delicadeza,
caendo ó longo da vía,
o contraste coa forza dos lóstregos
ó se estrampar no camiño.

Disparos! Descargas de disparos!
Alcanzan ó home tendido no chan,
mollado e perforado pola choiva,
remata a súa execución:
A guitarra mollada,
o canto esvaído,
a melodía interpretada.

_____________

Feito no día das letras galegas, 17 de Maio do 2010.

Adicado á fermosa musicalidade da lingua galega, e ós seus falantes.

Be Sociable, Share!
  • more Lóstregos.

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

3 comentarios para “Lóstregos.”

  1. [...] This post was mentioned on Twitter by Helua and Amse Novoa Paradelo, Amse Novoa Paradelo. Amse Novoa Paradelo said: Lóstregos. http://bit.ly/bUYjbJ [...]

  2. [...] __ Imaxe atopada aquí [...]

¿Qué opinas de este post?

Puedes usar estos tags para personalizar el texto: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>