Airirños, airiños aires.
Rosalía de castro sempre viva, a 125 anos de finar. Homenaxe e acción conxunta dos membros de Blogues pola Lingua (BpL).
Escollín este poema polo lonxe que estou da terra, e polo preto que me sinto destes versos.
Airiños, airiños aires,
airiños d’a miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime á ela.
Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta;
qu’adonde queira que vaya
cróbeme unha sombra espesa.
Cróbome unha espesa nube
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada,
qu’a miña vida envenena.
Leváime, leváime, airifios,
com’unha follina seca,
que seca tamén me puxo
a calentura que queima.
¡Ai!, si non me levás pronto,
airiños d’a mina terra:
si non me levás, airiños,
qulsáis xa non me conesan;
qu’á frebe que de min come,
vaime consumindo lenta,
e n-o meu corazonciño
tamén traidora se ceiba.
Fun n-outro tempo encarnada
como o color d’a sireixa;
son hoxe descolorida
como os cirios d’as igrexas,
cal si unha meiga chuchona
a miña sangre bebera.
Vóume quedando muchiña
com’unha rosa qu’inverna:
vóume sin forzas quedando,
vóume quedando morena,
cal unha mouriña moura
filía de moura ralea.
Leváime, leváime, afriños,
leváime adonde me esperan
unha nal que por min chora,
un pai que sin min n’alenta,
un hirmán por quen daría
a sangre d’as miñas venas,
y un amoriño a quen alma
e vida ile prometera.
Si pronto non me levades,
¡ai!, morreire de tristeza,
soya n’unha terra extraña,
donde extraña m’alomean,
donde todo canto miro
todo me dice ¡extranxeira!
¡Ai, miña probe casiña!
¡Ai, mina vaca bermella!
Años, que balás n-os montes,
pombas, qu’arrulás n-as eiras;
mozos, qu’atruxas bailando,
redobre das castañetas,
xas-co-rras-chás d’as cunchiñas,
xurre-xurre d’as pandeiras,
tambor d’o tamborileiro,
gaitiña, gaita gallega:
xa non m’alegrás, dicindo
¡muiyeira!, ¡muiyeira!
¡Ai!, quén fora paxariño
de leves alas lixeiras!,
¡ai, con qué prisa voara
toliña de tan contenta,
para cantar a alborada
n-os campos d’a miña terra!
Agora mesmo partira,
partira com’unha frecha,
sin medo as sombras d’a noite,
sin medo d’a noite negra;
e que chovera ou ventara,
e que ventara ou chovera,
voarla e voaría
hasta qu’alcansas’á vel-a.
Pero non son paxariño
e irei morrendo de pena.
xa en lágrimas convertida,
xa en sospiriños desfeita.
Dóces galleguiños aires
quitadoiriños de penas,
encantadores d’as augas,
amantes d’as arboredas;
musica d’as verdes canas,
d’o millo d’as nosas veigas;
alegres compañeiriños,
run-run de todal-as festas,
leváime n-as vosas alas
com’unhá follina seca.
Non permitás qu’aquí morra,
airiños d’a miña terra,
qu’ainda penso que de morta
hei de sospirar por ela:
ainda penso, airiños aires,
que dimpois que morta sea,
e aló pol-o camposanto,
donde enterrada me teñan,
pasés n-a calada noite
runxindo antr’a folla seca,
ou murmuxando medrosos
antr’as brancas calaveras;
inda dimpois de mortilla,
airiños d’a miña terra,
eivos de berrar: ¡Ariños,
airiños, leváime a ela!
Posts similares:
Tags: 125, 125 aniversario, Acción conxunta, accións conxuntas de blogues pola lingua, airiños, airiños aires, airiños da terra, aniversario da morte de Rosalia de Castro, blogs, blogs en galego, blogs en gallego, blogues en galego, Blogues pola lingua, bpl, de Castro, diáspora galega, emigración galega, en galego, en gallego, éxodo galego, galegas, galego, Galicia, galician, galician blogs, galician poetry, Galiza, gallego, homenaxe, in galician, lírica, literatura galega, morte, morte de Rosalía de Castro, poema, poema de Rosalía de Castro, poemas, poemas de Rosalía de Castro, Poesía, poesía de Rosalía de Castro, poesía galega, poesías, poetas galegos, poetisas, poetisas galegas, rexurdimento, romanticismo, Rosalía, Rosalía de Castro






O ar que me leva a casa dende a fin do mundo. http://movidillas.net/2010/07/16/o-ar-qu...
via Twitoaster
[...] This post was mentioned on Twitter by Amse Novoa Paradelo, Amse Novoa Paradelo. Amse Novoa Paradelo said: O ar que me leva a casa dende a fin do mundo. http://bit.ly/cFFdDP [...]
Sempre gustoume máis o de:
Cando penso que te fuches negra sombra que me asombras o pé dos meus cabezales voltas facéndome mofa…
Sempre serás ben recibido polos bons e xenerosos. Agordo verte pronto. Unha aperta. Félix.
Cos brazos abertos…pronto,pronto, pronto.
¿xa non hai máis inspiración?