Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Más que opinión… ¿O sólo una excusa para despotricar en Internet?

Movidillas.net



O novo idioma, a “amablingua”. 1

Posted on January 30, 2010 by Amse

Reprodúzovos a continuación un mail que me enviaron:

____________________________________________

The amablingua

Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.

The solution é o chamado “castrapo enriquecido”, al que también chaman “eurocastrapo”, “triglosia feijooooana”, amablingua , “galcasinglish” ou, na Galicia Sur, simplemente “feixoada”.

Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language –only one, ollo!- ti andas
imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.

The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by “trilingüelas” (not “bi”, but “tri”), to properly enseñar the new lengua.

This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a “soberanía lingüística” dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.

So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the “tres in one”, very inclusive and amabilismo.

At the same time, the Xunta resolverá o “problem” educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do “tanto ten, ti vai disimulando”, que se complementa coa de “never rained que non escampara”. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.

And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees,
be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la….

 O novo idioma, a amablingua.

Internet galega. A maior listaxe de recursos en galego na rede. 1

Posted on January 27, 2010 by Amse
Guillerme Vázquez na Manifestación pola lingua...
Image via Wikipedia

Saúde!

Ante os continuos ataques ó patrimonio cultural galego que vemos presenciando da man de diversos colectivos, algúns afincados nas institucións administrativas, e á situación de perigo na que se atopa a lingua galega, véxome no deber de publicar esta listaxe de recursos en galego, coido que a maior de Internet, (este proxecto aspiraba a imitar ó grandísimo compendio da Universidade de Vigo, pero coido que iso queda un chisco desactualizado) co desexo de axudar a  fomenta-lo emprego do galego na rede, e axudar a aqueles que desexan facer a súa vida en Internet en galego, como o fan no seu pobo ou na súa casa ou cos seus amigos IRL.

A listaxe componse de numerosos recursos lingüísticos, xornais e páxinas de novas, proxectos de traducción de software, incluso redes sociais e algún sitio de blogging, en galego.

Diccionarios e enciclopedias.

DiGalego | Hoxe por hoxe é o mellor diccionario online en galego, coa singularidade de que se pode incluir o seu código no teu blog ou páxina web, permitindo funcionalidades ó usuario, como a de presentar un significado dunha verba sobre a que se faga dobre clic. Emprega o galego estándar e chega da man da editorial Ir Indo :)

e-Estraviz | O mellor diccionario de galego reintegracionista que existe. É o diccionario oficial da AGAL, que é a Associaçom Galega da Língua, institución que traballa unha das dúas únicas normativas da lingua galega. Moi recomendábel incluso se non escribes empregando esta normativa. De feito alberga léxico do que os outros diccionarios carecen.

Diccionario “Oficial” Este é o diccionario oficial da Real Academia Galega, institución oficial que se encarga da normativa estándar do galego, institución que, por certo, non ofrece un mísero vencello ó seu propio diccionario na súa web e por iso está na da Xunta. (Todo hai que dicilo). Ó diccionario lle falta moitísimo léxico, presente nos outros compendios, pero é o diccionario de galego estándar por definición e é o que se estuda.

DiGaTIC | O único diccionario de termos tecnolóxicos en galego. Bastante completo, e resolve a súas dúbidas… aínda que eu persoalmente teña discrepancias con algúns termos. En teoría é unha web oficial da Xunta, pero a súa linguaxe por defecto é o castelán, malia que a lexislación diga que a Xunta débese de encargar de fomentar o galego.

Galizionario | Un proxecto de diccionario ceibe, creado polos usuarios e baseado en wiki. Actualmente ten máis de 28.690 entradas.

Galipedia | a enciclopedia en galego de contido ceibe, creada polos usuarios e xa con máis de 55.112 artigos enciclopédicos.

Logo, a Universidade de Vigo pon ó servizo do internauta o maior compendio de servizos lingüísticos con diversos fins. Na súa web podemos atopar os seguintes recursos:

– Diccionario Galego – Inglés

- Diccionario Galego – Francés

Outros recursos lingüísticos:

Corrector ortográfico online de galego da Universidade de Vigo: OrtoGal.

Corrector ortográfico “Bemposto”, para versións antigas de Micro$oft Word.

Xornais online, sitios de novas e blogs de interese:

Como está claro que un galego xa non pode esperar de medios como La Voz de Galicia ou o Faro de Vigo unha boa cantidade de artigos en galego, velaquí están algúns medios alternativos máis novos, e máis acordes cos tempos actuais no que ó respeto ó galego atinxe.

Vieiros, xornal online inspirado na revista Vieiros, fundada polos emigrados. Xornal xeralista, exhibe opinións de todas as ideoloxías, dende esquerda a dereita pero sempre cun caracter galeguista marca da casa.

Galicia Confidencial, páxina de blogs galegos que chegou a se converter nun xornal online. Fundamentalmente baséase en artigos de opinión de galegos de diversas ideoloxías, dende a esquerda ata a dereita, pasando por nacionalistas.

Xornal de Galicia, un novo xornal con artigos en castelán e en galego. É bilingüe de verdade, non “bilingüe” galegófobo. Xornal é un medio xeralista que apareceu recentemente.

A Nosa Terra, un histórico xornal de carácter galeguista. Un dos máis antigos da nosa terra, en galego, xeralista, e bastante aliñado co nacionalismo galego.

Código Cero, unha páxina de novas tecnolóxicas en galego que tamén edita o seu propio xornal físico.

Chuza, unha páxina onde os usuarios ruben as súas propias novas, que se poden votar, na liña de Menéame ou Digg.

Blogaliza, unha páxina e comunidade de blogueiros que ten a súa propia plataforma de blogging baseada en WordPress.

Blogues pola lingua, rede de blogueiros en defensa do galego, na cal eu participo

Internet social galega:

Aquí están presentes as redes sociais galegas máis importantes. Dende grupos de discusión, pasando por chats ou servizos de microblogging.

Fillos de Galicia, a maior rede social galega, con especial presencia dos galegos espallados polo mundo. É tamén un dos máis grandes exemplos na rede do que se pode facer con tecnoloxía WordPress.

Latri.ca, o maior servizo de microblogging en galego. Semellante a Twitter. Ademáis emprega tecnoloxía ceibe.

Lareta, outro servizo de microblogging en galego que actualmente non se atopa funcional, pero deixo o vencello por se, como reza ó entrar no dominio, volve a estar furrulando sobre Febreiro.
Cabozo, presentado como o FaceBook galego. O derradeiro que se soubo desta rede foi que fora atacada empregando algún burato de seguridade, e dende entón a páxina non está accesíbel. Igualmente déixovolo por se volta algún día.

Canle de chat ##galego na rede Freenode. A canle de galego onde solventamos dúbidas e colaboramos en diversos proxectos de traducción de software ceibe. Tamén é a canle oficial dalgúns proxectos coma a Enciclopedia Enxebre. Ó chat pódese acceder con calquer programa de IRC ou Internet Relay Chat, sendo o máis coñecido deles o mIRC. Se prefires un programa ceibe, podes empregar o Xchat ou o Chatzilla.  Hai que se conectar ó servidor irc-hispano.org e escribir “/join #galiza”. Se o teu navegador   está debidamente configurado, seguro que podes entrar no chat directamente premendo este vencello: irc://chat.freenode.net/galego

Canle de chat #Galiza na rede IRC-Hispano (O primeiro chat en galego da Internet, e hoxe en día, un dos poucos que nela fican). Ó chat pódese acceder con calquer programa de IRC ou Internet Relay Chat, sendo o máis coñecido deles o mIRC. Se prefires un programa ceibe, podes empregar o Xchat. Hai que se conectar ó servidor irc-hispano.org e escribir “/join #galiza”. Se o teu navegador   está debidamente configurado, seguro que podes entrar no chat directamente premendo este vencello: irc://irc-hispano.org/galiza . Esta é a páxina oficial da canle, aínda que se atopa un chisco desactualizada: http://www.geocities.ws/canlegaliza/ . Tamén houbo outra canle #Galiza aloxada noutra rede, en Undernet, pero actualmente non existe. A súa páxina era esta: http://www0.umoncton.ca/soeler/galiza/galiza_irc.htm

Hai más chats galegos, por exemplo a canle de chat #Galicia, tamén no IRC-Hispano. Dezcoñezo se ten páxina oficial, e a verdade non falan moito galego na canle… está máis dirixido a ser un espazo de contactos. Accédese da mesma forma, trocando #Galiza por #Galicia. Tamén están outras como #Coruña (Unha das máis grandes canles de chat da rede IRC-Hispano), o #Vigo, e o #Valdeorras, a canle de chat da bisbarra de Valdeorras.

A maior listaxe de galegos no Twitter | O proxecto que comecéi fai uns días, que pretende aglomerar ó maior número de galegos en Twitter que sexa posible. A listaxe conta xa con case 300 usuarios, é pública e calquera pode colaborar na súa manufactura!Non se discriminará nin por sexo, raza, credo, ou ideoloxía. Aspírase a facer unha listaxe simplemente de galegos de todo tipo. Se queres colaborar só tes que deixar un comentario neste post ou neste outro, que é o propio do proxecto: http://movidillas.net/2010/01/23/a-maior-listaxe-de-galegos-do-twitter/

Recursos multimedia en galego.

GZVideos, un sitio de streaming de videos similar a Youtube, pero en galego, onde os usuarios poden rubir os seus propios contidos.

Galilibros, un arquivo wiki de libros gratuitos en galego.

Flocos.tv, un espazo de cine online onde podemos ver películas e seriales televisivos en galego. Da man dos rapaces de A Navalla Suíza (Bó traballo! :)

Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, unha rede de espazos radiofónicos ceibes , onde cabe resaltar Radio Piratona e mais Radio FilispiM
Pódense escoitar online, por suposto!
Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña: http://www.bvg.udc.es/

Proxecto documental sobre a lingua galega, creado polos rapaces de A Navalla Suíza. Ten a especialidade de ser un documental sen fin, dado que os usuarios poden ir engadindo contido contínuamente! (Unha vez máis; sodes grandes, rapaces!): eufalo.tv

Proxectos de fomento da lingua e traducción ó galego.

A CiberIrmandade da Fala, unha comunidade de persoas que traballamos a prol do emprego da nosa lingua na rede, coordinándonos en accións conxuntas e outros proxectos.
Blogues pola lingua, rede de blogueiros en defensa do galego, na cal eu participo

g11n, punto de encontro dos participantes nos diversos proxectos de traducción de software ó galego.

Proxecto Trasno, colectivo de traductores de software ceibe ó galego.

Canle de chat ##galego na rede Freenode. A canle de galego onde solventamos dúbidas e colaboramos en diversos proxectos de traducción de software ceibe. Tamén é a canle oficial dalgúns proxectos coma a Enciclopedia Enxebre. Ó chat pódese acceder con calquer programa de IRC ou Internet Relay Chat, sendo o máis coñecido deles o mIRC. Se prefires un programa ceibe, podes empregar o Xchat ou o Chatzilla.  Hai que se conectar ó servidor irc-hispano.org e escribir “/join #galiza”. Se o teu navegador   está debidamente configurado, seguro que podes entrar no chat directamente premendo este vencello: irc://chat.freenode.net/galego

Listaxe de teléfonos móbiles que empregan o galego: http://www.oteumobilengalego.com/software_galego.php

——————————————————

Esta listaxe vai ser actualizada co tempo e coa aparición de novos recursos. Calquer usuario da rede pode contribuir a mellorala. Pra iso só ten que deixar un comentario neste post coa información pertinente ou ben comunicarse coa xente das canles de chat que aparecen no artigo.

Espero que se tedes algo importante o comuniquedes e non fiquedes caladiños!

Graciñas a todos os que colaborades e axudades a manter esta importante listaxe. Tamén ós creadores das páxinas citadas nela, xa que facedes posible a Internet galega.

Atte;

Amse.

Pomba gris. 0

Posted on January 05, 2010 by Amse

Gris pomba, atorada no tellado,
camiña renca polo berce de fume
da cidade gris.

Gris pomba, malia os tempos,
procura comida nos recunchos da urbe.
Remonta o vó, pormba gris,
que polo teu coxo andar
non se adormezan as túas as.

Voa ceibe, ti que podes,
pois na terra berramos, tolos todos,
mais no ceo aínda  espiran…

Amse.

Galiza, decreto do galego no ensino e cortinas de fume… 4

Posted on December 22, 2009 by Amse

Saúde.

A situación que se está a vivir en Galiza últimamente é incomprensíbel, intolerábel, e debe de se acabar xa.

A UE xa chamóu a atención ó executivo galego polo tema lingüístico, pero o noso presidentiño non se digna a baixa-la cachola nin ante a UE, nin ante o pobo galego. Non sei a vos, pero a mín paréceme incríbel que ata a UE, que é un organismo que no seu tan mediático Tratado de Lisboa non recoñecía a igualdade de dereitos entre falantes das distintas linguas europeas, é un organismo que sabe ver cando unha lingua atópase en perigo, un organismo que polo menos nesta ocasión, soubo apreciar cando un governo pásase da raia. En troques, o governo galego non cesa na súa puxavantada para facer do galego unha lingua de paletos, como se diría nos séculos escuros ou no franquismo, nin no seu empeño en desprover ó pobo de calquer tipo de identidade galega, que non galeguista.

A pesares disto, o PP de Galicia, máis en concreto o seu líder e presidente do parlamento galego, o mesmo home que rube ó poder dende a incompetencia e mailo fracaso profesional para se enriquecer a él a mailos seus amigos con privatizacións de todo aquilo que é publico e que lle apetece, tivo o despropósito de pedirlle hoxe ó BNG que deixase de “chamar Galiza ó país”, e que deben de admitir que “nos chamamos Galicia” ante o conxunto dos cidadáns. “Non lles pido que deixen de ser nacionalistas, pero si moderación”, insistiu esta mañá Feijóo ante os nacionalistas no parlamento.

Ante isto, cabe suliñar que a Real Academia da Lingua Galega (RAG) dí que tanto Galicia como Galiza son formas comúns e igual de válidas para denominar á nosa terra. Pero claro, se ollamos tras as árbores, darémonos de conta de que a verdadeira intención tras ésta carallada españolista, anticultural e antigaleguista, non era máis que crear unha cortina de fume para distraer do tema do decreto do galego, gran proxecto que está levando a cabo o executivo de Feijóo para destruir parte da cultura galega a longo prazo, reducindo o uso de galego no ensino ó 30 %.

Así é todo, que coa UE rifándolles por por en perigo á lingua, con centos de traballadores despedidos por eles, que lles están a reclamar empleo e cartos, con desvergoñas na xestión dos recursos enerxéticos e cunha actitude expoliativa-destructiva da natureza galega ás costas, o executivo de Feijóo ahí segue, sen que ninguén lle diga nada.
É, ou non é? Hai que botalos, ho. A pregunta é, ¿imos agardar ata que ningún dos nosos fillos non sepa falar o noso idioma?

Un pensar simple sobre modelos de mercado. 0

Posted on December 12, 2009 by Amse

Digo yo que será preferible que la gente se descargue en masa tu disco y que después de escucharte, esa masa vaya a verte a los conciertos, a que tengas los conciertos vacíos porque la gente se gastó el dinero en discos y ahora no tienen para el concierto.

——–

Digo eu que será preferíbel que a xente se descargue en masa o teu disco e que logo de te escoitar, esa masa vaia verte ós concertos, a que teñas os concertos baleiros por mor da xente, que gastou os cartos en merca-lo teu disco e agora non teñen pra o concerto.

——–

Saúde.

Amse.



↑ Top