
Caricaturización de Ramón Piñeiro.
Por algunha razón que descoñezo, a miña lembranza de Piñeiro non é leda. Seguramente porque me houbera gustado ser como el me vía; mais iso foi imposible.
Inda que con certa aprensión, podo polo tanto aceptar a inclusión aquí duns poucos textos para min lisonxeiros; porque foron máis afectuosos que premonitorios, porque -como é evidente- endexamais puiden xustificalos e porque, despois de todo, forman parte máis da natureza de Piñeiro que da miña condición. Eles son a evidencia mesma da súa persuasiva insistencia e da entidade esencial e abrumadoramente galega que xustifica esta publicación.
Nunca souben moi ben que facer con todo esto e aínda agora, xa tan serodiamente, o confío todo á protección derradeira dun prólogo de Fdez. del Riego e a Galaxia, a Casa Nai.
Seica, coa faterna de tantas ausencias -agora que Ramón, Pimentel, Novoneyra, Fole, Celestino, Magariños, Saco, Grandío, Pousa, Martínez de Andrade, (agora Manuel María) e tantos outros faltan-, sinto que algo se me está ficando xa definitivamente no tinteiro. Ó revés que os orfos, ¡inexplicablemente!, os irmáns dos finados non temos nome.”
FERNANDO ANDRADE
(o “Mozo galego”)
Estas palabras son de Fernando Andrade, o persoaxe receptor das “Cartas a un mozo galego”, do galego Ramón Piñeiro, escritor ó que se lle adican este ano os actos do Día das Letras Galegas, e un dos fundadores da famosa e imprescindíbel Editorial Galaxia. Todo un luceiro do galeguismo na etapa oscura do franquismo.
Como eu atópome lonxe lonxe da terra nai, hei ser especialmente breve. Con motivo da data da miña lingua, compuxen este poema, que, agardo que abranga tódolos sentimentos que a lectura de Piñeiro me profesa, e, ó mesmo tempo, tódolos sentimentos que me enchen nestas datas.
Importados e afastados de lonxanas terras,
achéganseme os sabores dos regatos e serras
que cebaron ós chanchiños; hoxe ándanme a nutrir.
Invasoras e vívidas dende a memoria,
embístenme as lembranzas que escupíu a historia.
Lembranzas da boa terra: hoxe ándanme a nutrir.
Ondas do atlante mar,
qué son senón o vaivén das persoas?
Montes e picos pardos,
qué sodes senón a paz que envolve ó fogar?
Fondas fragas e verdes bosques,
qué fan senón comer da terra??
Coas cuestións no pensamento
pero sen dúbidas nin males:
Con amor a miña Galiza única.
Con morriña dende Buenos Aires.
Amse.
PD: Alguén déuse de conta do parecido que gardan Alberto Núñez Feijó0 (presidente galego electo no 2009) con Ramón Piñeiro (homenaxeado nas letras galegas do 2009) ?¿?¿?¿

Ramberto Piñez Feijeiro
![Con amor a Galiza, con morriña dende Buenos Aires. Reblog this post [with Zemanta]](http://img.zemanta.com/reblog_b.png?x-id=abb86994-9982-4974-a4e1-03830c6246a7)