Homenaxe a Castelao en Buenos Aires 0
Saúde!
Este venres fun ó acto en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que organizou a Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires.
A praza de Castelao, un pequeno parque no cruce da Avenida Independencia e a rúa Bernardo de Irigoyen, case na famosa 9 de Xulio, albergaba unha decena de bandeiras republicanas e galegas, incluidas unha estreleira e una bandeira das brigadas internacionáis.
O acto comezou cunhas breves palabras por parte do Sr. Lores, presidente da fundación, pra continuar cunha pequena actuación a cargo do grupo de gaitas “Dúas Beiras”, seguida polo canto do Himno Galego por parte de todos os alí presentes.
Logo do acto fronte ó busto de Castelao na praza que o seu nome leva, os presentes continuamos ata o local da Federación de Sociedades Galegas, moi antigo e bonito, e próximo á histórica “Manzana das Luces”. Alí se atopan a sala de eventos da Federación, ou Teatro Bambalinas, e mailo MEGA, o Museo da Emigración Galega: visitas obrigadas pra calquer visitante.
No salón de eventos, houbo máis actuacións de “Dúas Beiras”, e Lorena Lores, xunto ó pianista e compositor Nicolás Guerchsberg.
Tamén houbo un pequeno homenaxe a 3 “Nais da Praza de Maio” galegas (Madres de la Plaza de Mayo), unha das cales faltou á cita, e a outra resultou non ser galega en realidade, pero o que importa é o detalle, e o homenaxe estivo ben e merecido. Eu o único no que discrepo con estas señoras é nunha afirmación que fixeron no acto; “nosotras siempre estamos en todos los movimientos sociales”… Eu estiven nas marchas polos traballadores de Terrabusi, e non vin por ningures ás Nais.
Opinión aparte, o acto estivo moi ben. As actuacións foron caralludas, logo fixo acto de presencia unha das actrices orixináis do estreno de “Os vellos non deben namorarse”, a obra de Castela, o e ó cabo de todo, o periodista e locutor de radio Ramón Suárez “O Muxo”, preparou a queimada recitando o tradicional esconxuro. Aínda que en Buenos Aires non hai augardente caseiro pra estes menesteres, a queimada a fan con grappa, que é outro tipo de ouruxo moi similar pero máis forte, e dalle un saborciño curioso!
A ver se podo botar unha ollada pola Federación, pois semellóume moi interesante.
Quedei moi enchido e orgulloso do que teñen montado os galegos nestes lares tan lonxanos… e de feito, estes da federacion teñen o chiringuito montado de carallo… quen vería a algúns do Ateneo Republicano de Valdeorras pra conseguir un chiringuito semellante! hahahaha
Saúdos dende a cidade louca!
Amse.

![Homenaxe a Castelao en Buenos Aires Reblog this post [with Zemanta]](http://img.zemanta.com/reblog_e.png?x-id=f1400881-1d76-4cbf-b74a-fb31f8f675d8)
![60º Aniversario da morte de Castelao. Homenaxe da Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires. Reblog this post [with Zemanta]](http://img.zemanta.com/reblog_e.png?x-id=c422ca3a-3d16-4c99-a9f7-c24f604a991d)
![FELICIANO Reblog this post [with Zemanta]](http://img.zemanta.com/reblog_e.png?x-id=2f5dc5ff-1220-4d78-ae1d-b3660d77b350)
![Chávez y la Quinta (V) Internacional Reblog this post [with Zemanta]](http://img.zemanta.com/reblog_e.png?x-id=85dd019b-ef84-42f3-9a8a-c5fd2fd6c4ab)

![De morriña e de saudade vai o pao. Reblog this post [with Zemanta]](http://img.zemanta.com/reblog_b.png?x-id=d8e18e56-989c-446f-a65f-0dd90744aa5b)








